Seguidores

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

Curso 2014-15 ...Antes de comezar coas Ciencias Sociais

Dúas cousas moi importantes para facilitarvos o traballo no ámbito das Ciencias Sociais:

- Liña do tempo.

- Comentario de textos históricos.


Saber situarnos na historia, que estamos a estudar e por outra banda ser capaces de relacionar os contidos co noso pensamento o que incrementará a nosa capacidade crítica e de estudo, facilitándonos o relacionar unhas materias con outras.

VIAXA NO TEMPO

4ºESO

Curso 2015-16

1ª Avaliación
Tema 1 O Antigo Réxime. Avaliación Inicial


Cine e Ciencias Sociais

María Antonieta

Las amistades peligrosas



Curso 2014-15
3ª Avaliación

Tema 8 A crise de entreguerras 

Tema 9 A II Guerra Mundial

Tema 10 España e Galicia de 1902-1939 e resume do tema 14 A ditadura de Franco

Tema 11 A Guerra Fría (1945-1991)

Tema 12 O proceso de descolonización

Tema 13 O mundo da Guerra Fría


TEMA 12 O PROCESO DE DESCOLONIZACIÓN


















Tema 10 España e Galicia de 1902-1939 e resume do tema 14 A ditadura de Franco


REINADO DE ALFONSO XIII




II REPÚBLICA




GUERRA CIVIL




O CRACK DO 29






II GUERRA MUNDIAL





Lebensborn





A Corta vida de Ana Frank



Josef Mengele 




II Guerra Mundial a cor








1ª Avaliación 

Tema 1 O século XVIII O Antigo Réxime. Avaliación Inicial

Tema 2 As revolucións Políticas

Tema 3 A revolución Industrial


2ª Avaliación

Tema 4 A Época do Imperialismo

Tema 5  España no século XIX

Tema 6  I Guerra Mundial

Tema 7 A revolución rusa e a creación da URSS

Tema 8 A crise de entreguerras


Tema 5 

España e Galicia no século XIX:A formación dun Réxime Liberal




GOYA

Os Caprichos de Goya a través dunha exposición en Granada


Os alumnos realizarán unha ficha sobre este traballo na hora de clase.
Mural sobre Goya.





Resume colonialismo e Imperialismo


A GRAN GUERRA




Como entender la primera Guerra Mundial

Documental sobre a primeira Guerra Mundial






Resposta ás seguintes preguntas sobre a I Guerra Mundial

1. Cando comezou?
2. Cal foi o detonante?
3.  Que papel xogou Guillerme II?
4. Como consideraba a Francia?
5. Que foi a "Mano negra"?
6. Cantos mortos e discapacitados deixou a Gran Guerra?
7. Cantos refuxiados? Sabes que é un refuxiado?
8. Cometeronse atrocidades? Cales? Foron xuzgadas?
9. Cal era o problema de loitar con trincheiras?
10. Que inspiraron os topos? para que?
11. Cal foi a batalla máis longa?
12. Que era un ZEPPELIN?
13. Cita o nome dalgún xeneral?
14. Quen foi o Barón Vermello?
15. Que pobo sufriu as maiores masacres?
16. Que foi a GRIPE ESPAÑOLA?
17. Que aconteceu coa economía de guerra? Que foi a inflación?
18. Que tres grandes imperios desapareceron?
19. Onde se asinaron os tratados de paz?
20. Ata cando tivo que pagar Alemania?


Lecturas:
As trincheiras na Gran Guerra.

A loita na terceira dimensión: a aviación na I Guerra Mundial
Flyboys Película sobre o escuadrón Lafayette



WAR HORSE ou o emprego dos cabalos na I Guerra Mundial



FELIZ NAVIDAD. No Nadal de 1914. OS SOLDADOS NON ESTABAN PREPARADOS NIN QUERÍAN EN REALIDADE CONTINUAR A GUERRA








Juega Combate aéreo na gran guerra
do blog Profesor Francisco

















 O período de entreguerras

TEMA 8 O PERÍODO DE ENTREGUERRAS


Os anos vinte 
Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, Estados Unidos convertérase na primeira potencia económica mundial. Os países europeos estaban en crise, debido á destrución provocada polo conflito mundial, o aumento do paro, a inflación e o endebedamento con Estados Unidos, como consecuencia dos préstamos de guerra. Esta situación creou tensións entre Alemaña e Francia. Esta última ocupou a rexión do Ruhr en 1923, ante a imposibilidade dos alemáns de pagar as súas débedas. Para solucionar o tema, Estados Unidos puxo en marcha en 1924 o Plan Dawes polo cal concedía préstamos a Alemaña para que puidese pagar as súas reparacións de guerra aos aliados, e á súa vez estes serían capaces de pagar as súas débedas a Estados Unidos. A mellora económica xerou un ambiente de distensión política. Exemplo diso foi a firma do tratado de Locarno en 1925, polo que Alemaña recoñecía as súas fronteiras. A nova situación creou unha sensación de euforia que se trasladou á economía e a sociedade, polo que esta época se denomina os felices anos 20.

A crise económica dos anos trinta 
Aos anos de prosperidade seguiu a crise de 1929.
 En gran medida as súas causas foron a superprodución de mecadorías, cando os países implicados na contenda mundial volveron á súa produción habitual, e a especulación, fundamentalmente inmobiliaria e na bolsa. O resultado foi o crac da bolsa de Nova York, o xoves negro (24 de outubro de 1929), cando se produciu unha venda masiva de accións, que provocou o afundimento do valor das empresas e a ruína dos investidores. A crise produciu un grande aumento do paro, a redución do consumo e o afundimento de moitas empresas. Á vez, os bancos reduciron os préstamos, o que facilitou a expansión da crise a escala mundial. En Estados Unidos, o presidente Roosevelt puxo en marcha un programa chamado New Deal («novo acordo»), que impoñía unha maior intervención do Estado en obras públicas e en subvencións para a agricultura, co fin de crear emprego, e aumentou a protección social. A Sociedade de Nacións convocou a Conferencia de Londres (1933) para intentar saír da crise, pero fracasou, pois cada país defendeu os seus propios intereses.

Crise da democracia e ascenso dos totalitarismos
 A insolidariedade internacional e a crise económica provocaron a perda de confianza da poboación na democracia e os partidos tradicionais. Os obreiros e os campesiños, que sufrían gravemente os efectos da crise, aumentaron o seu apoio aos partidos comunistas. As clases medias e a burguesía comezaron a apoiar os partidos de extrema dereita de tipo fascista. Neste ambiente produciuse unha ondada de ditaduras en Europa: Italia (Mussolini), Portugal (Salazar), Austria (Dollfus), Grecia (Metaxas), e en Alemaña triunfou o réxime nazi, dirixido por Hitler. A Italia fascista Tras a Primeira Guerra Mundial, Italia vivía unha situación de forte crise. O país endebedárase para financiar a guerra e a débeda provocou unha crecente subida dos prezos. Ademais, a desmobilización do exército aumentou o paro. Coa crise económica, a tensión social aumentou. Algúns campesiños ocuparon fincas dos terratenentes e grupos de obreiros tomaron algunhas fábricas. As clases medias e altas empezaron a temer unha revolución comunista no país. Neste panorama o partido de Mussolini, Fasci Italiani di Combattimento, organizou a Marcha sobre Roma, o 27-28 de outubro de 1922, coa que obtivo o poder. O réxime fascista de Mussolini caracterizouse polo seguinte: • A súa ideoloxía antidemocrática e anticomunista. • Era un Estado dirixido de forma totalitaria: só existía un partido dirixido por un líder (o duce). • O Estado interviña na economía, co fin de conseguir a autosuficiencia do país. Non obstante, apoiábase aos empresarios privados. • O Estado dominaba a sociedade. Calquera oposición era reprimida con dureza e ademais controlábase ferreamente a educación e os medios de información, co fin de manexar á opinión pública. • Un nacionalismo feroz e expansionista.

A Alemaña de Hitler 
En Alemaña, tras a derrota na Primeira Guerra Mundial o emperador democrático, a República de Weimar, pola cidade onde se creou a súa nova constitución. Moitos alemáns consideraron humillante o Tratado de Versalles e facían responsable ao novo réxime de aceptar as duras condicións de paz. A crise económica incrementou o descontento e a tensión social. Como o paro afectou, sobre todo, aos obreiros e as clases medias, moitas destas persoas deixaron de apoiar o goberno e comezaron a votar opcións extremistas. Así, tanto o Partido Comunista como o Partido Nacionalsocialista, fundado por Adolf Hitler en 1920  aumentaron o número de votos. Ante o temor de que se producise unha revolución obreira, os industriais e financeiros decidieron apoiar economicamente o partido nazi, ao que consideraban o único capaz de restablecer a orde e manter os seus intereses. Así, aínda que nas eleccións de 1932, ningún partido obtivo maioría absoluta, Hitler foi nomeado chanceler en xaneiro de 1933. No poder, Hitler ilegalizou todos os partidos políticos e sindicatos, excepto o partido nazi. Dentro da súa organización, ordenou asasinar os seus adversarios políticos na chamada noite dos coitelos longos. En agosto converteuse en presidente da república, co que acumulaba tres cargos: xefe do Estado, xefe do goberno e presidente do único partido legal. O seu ideario fascista está recollido no libro Mein Kampf (A miña loita): culto ao xefe, primacía do Estado, exaltación da violencia e da xuventude.  Tamén tiña trazos propios, como o racismo e o  antisemitismo. O nazismo propugnaba a necesidade de que Alemaña se expandise máis alá das súas fronteiras. Isto sustentábase no panxermanismo, que tiña como obxectivo que todas as poboacións europeas de orixe alemá se unisen nun só Estado; e na teoría do espazo vital, fundamentada na idea de que os alemáns pertencían á raza aria, considerada superior e por iso tiñan dereito a conquistar territorios a expensas doutras razas inferiores.
Hitler consideraba unha prioridade o devolver a pureza racial á poboación. O seu obxectivo máis visible foron os xudeus, aos que prohibiu exercer a maioría das profesións e casar con arios, e comezou o seu exterminio en 1938 (noite dos cristais rotos), con asasinatos ou a súa reclusión en campos de concentración. Hitler implantou un réxime totalitario. O Estado estaba dirixido por un líder indiscutible, o führer, ao que se debía obediencia cega. O partido nazi controlaba todos os resortes do poder e da administración.
O control da poboación logrouse coa implantación dun aparello policial dirixido por Himmler, e estaba composto fundamentalmente por dous corpos: as S.S., unha garda persoal de Hitler, e a Gestapo, a policía secreta. A propaganda  xogou un papel central no mantemento do réxime nazi. Goebbels foi o encargado de dirixir o aparello de propaganda que se encargaba de ensalzar a Hitler. Todos os medios de comunicación, a prensa, a radio e incluso o cine, estaban controlados polo partido nazi. A educación transmitía a ideoloxía nazi. A xente nova tiña que ingresar obrigatoriamente nas Xuventudes Hitlerianas, onde recibían educación política e militar. No plano económico, o réxime nazi conseguiu unha recuperación económica baseada no aumento da produción e o pleno emprego. Pero dependía en gran medida da conquista e a guerra contra outros países.

Cambio social 

Na época de entreguerras a sociedade modernizouse: consolidouse a sociedade de masas, coa crecente participación da poboación en política, grazas aos medios de comunicación (prensa, radio) e á xeneralización do sufraxio universal. O aumento do nivel de vida supuxo a aparición da sociedade de consumo. Xurdiu un novo concepto do ocio, favorecido pola redución da xornada laboral. Triunfaron novos espectáculos, como o cine, os deportes de masas e a música popular. Foi o inicio da emancipación feminina. Na segunda metade do século XIX xurdiu o movemento sufraxista, que loitou por obter para a muller o dereito ao voto, a mellora na educación, a capacitación profesional e a equiparación de ambos os sexos en materia familiar. Os medios de comunicación comezaron a xogar un papel de primeira orde como medio de propaganda política.


Anos 20

Crack na Bolsa de Nueva York 1929

Roosevelt e o New Deal

Nazismo

España no século XIX

Tempos de confrontación en España e Galicia (1902-1939)
A ditadura de Primo de Rivera
2ª parte

Outro documental interesante A España de 1920-1939

A II República

Da II República á Guerra Civil

Explicación



















España no século XX

España desde 1931 República e Guerra Civil

 A II Guerra Mundial
Explicación clara y breve




Hitler e a II Guerra Mundial
Reportaje sobre os arquivos dos nazis

Un mundo bipolarEspaña durante o Franquismo


A GUERRA FRÍA

Corea

Vietnam

Crisis de los misiles un Cuba




Tema 1

O século XVIII: O Antigo Réxime

OS BORBÓNS

Carlos III


Tema 2

As revolucións políticas

A revolución Americana


Fonte empregada: http://www.claseshistoria.com/c-maps/mapa-independencia-usa.html
A revolución das colonias en América

A revolución Francesa


Monarquía Absoluta
Luís XIV



Antecedentes  da revolución francesa
Luís XVI Maria Antonieta (Trailer) nesta película podedes ver como vivían os monarcas franceses mentras o pobo morría de fame.
Desencadeantes previos a revolución.

C´est quoi la Révolution Française?

REVOLUCIÓN FRANCESA

Actividade de Motivación
Lady Gaga Canal History Teachers


A REUNIÓN FRANCESA





Cine mudo e a Marsellesa (Himno de Francia) lembrade que o cine sonoro non aparece ata comezos do século 20, esta gravación é de 1907 polo tanto nun comezo era cine mudo ao que se lle superpuxo o son.



Agora entramos en materia



A Revolución francesa
Unha boa reportaxe de History Channel para entender mellor os acontecementos que rodearon á Francia Revolucionaria


http://www.youtube.com/watch?v=IvZKvBAaXbQ
http://www.youtube.com/watch?v=pfqkHiJFWmw
http://www.youtube.com/watch?v=ZxYjEulojwg
http://www.youtube.com/watch?v=dVHWGi749ig
http://www.youtube.com/watch?v=zXwpPzzLQzo
http://www.youtube.com/watch?v=baiEMc4o2Qg
http://www.youtube.com/watch?v=QLX1AvnUf3w
http://www.youtube.com/watch?v=DS_H774qQ0U
http://www.youtube.com/watch?v=-XIq9aVK2es



REFORZO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

Actividade de Motivación
NAPOLEÓN



CÍRCULO DOS PUNTOS DE VISTA
Fai unha lista a modo de chuvia de ideas de diferentes perspectivas e emprega a rutina para explorar cada unha.
1. Penso sobre este tema DENDE O PUNTO DE VISTA DE... (Elixe unha personaxe)
2. Penso ... Describe o tema dende o teu punto de vista como si foses a personaxe que elixiche.
3. UNHA PREGUNTA QUE TEÑO DENDE ESTE PUNTO DE VISTA

CONCLUSIÓN:  Qué novas ideas tes sobre o tema que antes non tiñas? Que novas preguntas tes?






Maio 2014

A REVOLUCIÓN RUSA



Aprendemos co comic
TINTÍN





OS FELICES ANOS 20


AS MULLERES NOS FELICES ANOS 20



Marzo 2014

Unidade 4 A revolución industrial e o Imperialismo

MODERN TIMES
CHAPLIN




Segunda revolucion industrial
Fotografía dun tranvia recollido da páxina: 
http://sobrehistoria.com/todo-sobre-la-revolucion-industrial/

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL  (TRABALLO COOPERATIVO)

Produto final unha cartolina co traballo e un folio coa reflexión sobre o traballo realizado.


·        Presentación  nunha cartolina tamaño A4 dun deseño gráfico (varias imaxes) ou debuxos  que represente as seguintes cuestión:

1.       CALES FORON OS EFECTOS DA INDUSTRIALIZACIÓN
2.      A ESTRUTURA URBANA, OS DIFERENTES BARRIOS E OS MEDIOS DE TRANSPORTE DAS CIDADES.
3.      A DIFERENCIACIÓN SOCIAL


·        Un folio no que recollades o reparto de tarefas entre os membros do grupo así como unha valoración do  1 ao 3 do traballo realizado. (Tendo en conta a seguinte táboa)
Nome dos membros do grupo
Reparto de tarefas, é dicir  “quen se encargou de…”
Breve redacción das tarefas realizadas polos membros do grupo (a realizar individualmente polo alumno que realizou a   tarefa)
Valoración individual de cada membro respecto do que aportaron  ao traballo dos demais.






















Criterios de avaliación
Creatividade e orixinalidade
2 ptos
Correcta execución dos apartados 1, 2 e 3
3 ptos
Redacción individual do traballo realizado
2 ptos
Valoración individual de cada membro
2 ptos
Presentación, faltas de ortografía, linguaxe empregado
1 pto

Desenvolvemento da actividade:
 Actividade a realizar en dúas sesións de clase, día 6 de marzo de 2014- Explicación da proposta aos alumnos e reparto de tarefas entre eles. 
Traballo de investigación previo na casa.
Día 10 de marzo de 2014- Realización do traballo na aula.


CINE E CIENCIAS SOCIAIS
Steamboy

Fotografía del blog http://cienciassocialesviator.blogspot.com/2011/05/la-revolucion-industrial.html



Aquí vos deixo un enlace sobre a revolución industrial, que espero que vos resolva algunhas dúbidas.

TITANIC

CURSO 2013/14:

Tema 0 ou introdutorio. O Renacemento

Conectando os contidos de historia anteriores coa materia deste curso.


Actividades de motivación

RENACEMENTO



La Imprenta de Gutenberg



1ª AVALIACIÓN

Características fundamentais do Renacemento Italiano. Principais autores e principais obras de arte.

Produto final a realizar polos alumnos:
Exposición de murais do Renacemento "Un paseo polo Renacemento".

Actividade consistente en preparar por grupos diferentes traballos sobre o movemento cultural e artístico do Renacemento Italiano, unhas pinceladas do Renacemento en España e un grupo escollido pola profesora é o encargado de montar a exposición no pasillo do noso colexio, tendo en conta as medidas de colocación propias dun museo para exposicións itinerantes.

Arquitectura

Fachada de San Pedro
Vaticano - Maderno- Roma












Santa María Novella - Alberti- Florencia


Pintura

 Cristo muerto-Mantegna

















A Piedade - Miguel Anxo (Basilica de San Pedro-Vaticano-Roma)






















David - Miguel Anxo (Florencia)


O Moisés- Miguel Anxo (Roma)

A primaveira Botticelli




 Templo Bramante
Roma
 Plaza de San Pedro
Vaticano (Roma)
 Duomo Florencia
Catedral
Exterior e interior cúpula

http://www.slideshare.net/pvargasq/humanismo-y-renacimiento

Evidencias do traballo cooperativo na aula







Exemplos dalgúns produtos finais dos alumnos:




















Tema 1 O apoxeo e caída do Imperio español. O século do Barroco.

Rutina de Pensamento: Xenerar-Clasificar-Relacionar-Desenvolver
("Generar-Clasificar-Relacionar-Desarrollar)

Un Imperio Universal
OS AUSTRIAS (Dinastia dos Habsburgo de oríxe austríaca)

Austrias maiores
Carlos I e Filipe II

Austrias menores
Felipe III, Felipe IV y Carlos II

A revolta das comunidades
Castela. Ano 1521. Carlos I de España e V de Alemania leva cinco anos no poder, tras a morte do seu pai (Filipe o Fermoso, falecido en 1506), a incapacidade mental da súa nai (a raíña Xoana, recluída dende 1509) e o falecemento do seu avó (Fernando O Católico, falecido en 1516). O 9 de febreiro de 1518 as Cortes de Castela, reunidas en Valladolid, o xuraron como rei, non sen antes trasladarlle unha serie de peticións: que aprenda a falar o castelán, que deixe de dar cargos nobiliarios aos estranxeiros, que freen o expolio de metais preciosos e cabalos de Castela, e que sexa máis respetuoso coa súa nai, recluída en Tordesillas.
Non cumpriría ningunha delas. Nomeado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico no verán de 1519, o descontento popular fíxose imparable en maio de 1520 cando designou a Adriano de Utrech como rexente das posesións hispánicas, á vez que incrementaba as presións fiscais sobre as clases medias. A chispa non tardou en prender, e a Guerra das Comunidades xurdiu como unha das primeiras revolucións burguesas da Era Moderna. 
As Xermanías
Conflito armado paralelo as comunidades de Castela, no reino de Valencia por parte dos artesáns que estaban asociados en gremios en contra dos que non o estaban (incursións piratas), pretendían que non se poidera traballar por libre sen estar asociado nos gremios.  A germanía (de germà, hermano en valenciano) era el sistema de reclutamiento que intentaron instalar para defenderse de las incursiones piratas.

AS GUERRAS DE RELIXIÓN

A armada Invencible



Francia releva a España no seu papel europeo. España asina a PAZ DE WESFALIA


















O SÉCULO DO BARROCO
Arte
Pintura

Arquitectura Barroca
Praza de San Pedro do Vaticano (Roma) Bernini

Escultura Barroca


Hoy en día todavía se aprecian influencias de este estilo artístico:
En la moda...
En la decoración...
La fotografía...
Otras manifestaciones artísticas actuales.



No hay comentarios: