POBOS PRERROMANOS
Paso
1: Para empezar
O noso amigo Hipolitus vive en Complutum, onde
vai á escola. Hoxe o profesor Gramaticus estalles explicando a historia de
Hispania.
Hipolitus queda abraiado coas historias sobre
tradicións, cultos e costumes de pobos coma os iberos, os vascóns e os
celtiberos, que habitaron a península antes da chegada dos romanos no século
III a. C. Está tan interesado que Gramaticus lle propón que escriba un papiro
sobre estes pobos. Hipolitus está entusiasmado e pídeche axuda. Claro que
queres colaborar!
Para preparar a redacción de Hipolitus, a clase
dividirase en catro grupos; cada un estudará unha zona de pobos prerromanos: os
colonizadores da zona do sueste, os pobos do norte, os situados no interior e
oeste ou os pobos iberos do sueste peninsular.
Paso 2: Busca a información
1.- Infórmate sobre os pobos que ocuparon o
sueste peninsular antes da chegada dos romanos: gregos,
fenicios e cartaxineses (navegantes e comerciantes) e que conviviron
durante séculos cos iberos.
- De onde viña cada pobo? Cando empezaron a chegar á península? Con que obxectivos?
- Que lles achegaron aos pobos que vivían na península?
2.- Explica como era a vida cotiá dos iberos. Comenta algún aspecto da súa relixión e tamén como construían as súas casas.
3.- Fai un resumo do xeito de vida dos galaicos, ástures, cántabros e vascóns.
4.- Descubre os costumes e a organización política e social dos pobos do interior e oeste peninsular (celtiberos, lusitanos, vetóns). Sinala quen eran os celtiberos, que é Tartessos e a que se lle chama cultura dos castros.

Paso 3: Redacta o teu papiro
Papiro |
Avaliate
Para valorar a túa
tarefa, sigue estes pasos:
1. Copia no teu
caderno a folla de avaliación.
2. Valora do 1 ao 5 o nivel de dificultade que atopaches nos diferentes pasos. Ten en conta que o 1 non implica ningunha dificultade e o 5 implica moita dificultade.
3. Para rematar, valora o teu traballo do 1 ao 10.

No hay comentarios:
Publicar un comentario