Seguidores

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

Curso 2014-15 ...Antes de comezar coas Ciencias Sociais

Dúas cousas moi importantes para facilitarvos o traballo no ámbito das Ciencias Sociais:

- Liña do tempo.

- Comentario de textos históricos.


Saber situarnos na historia, que estamos a estudar e por outra banda ser capaces de relacionar os contidos co noso pensamento o que incrementará a nosa capacidade crítica e de estudo, facilitándonos o relacionar unhas materias con outras.

VIAXA NO TEMPO

11/16/2015

Curso 2015/16

Unidade 3 A revolución industrial e o Imperialismo

MODERN TIMES
CHAPLIN




Segunda revolucion industrial
Fotografía dun tranvia recollido da páxina: 
http://sobrehistoria.com/todo-sobre-la-revolucion-industrial/

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL  (TRABALLO COOPERATIVO)

Produto final unha cartolina co traballo e un folio coa reflexión sobre o traballo realizado.


·        Presentación  nunha cartolina tamaño A4 dun deseño gráfico (varias imaxes) ou debuxos  que represente as seguintes cuestión:

1.       CALES FORON OS EFECTOS DA INDUSTRIALIZACIÓN
2.      A ESTRUTURA URBANA, OS DIFERENTES BARRIOS E OS MEDIOS DE TRANSPORTE DAS CIDADES.
3.      A DIFERENCIACIÓN SOCIAL


·        Un folio no que recollades o reparto de tarefas entre os membros do grupo así como unha valoración do  1 ao 3 do traballo realizado. (Tendo en conta a seguinte táboa)
Nome dos membros do grupo
Reparto de tarefas, é dicir  “quen se encargou de…”
Breve redacción das tarefas realizadas polos membros do grupo (a realizar individualmente polo alumno que realizou a   tarefa)
Valoración individual de cada membro respecto do que aportaron  ao traballo dos demais.






















Criterios de avaliación
Creatividade e orixinalidade
2 ptos
Correcta execución dos apartados 1, 2 e 3
3 ptos
Redacción individual do traballo realizado
2 ptos
Valoración individual de cada membro
2 ptos
Presentación, faltas de ortografía, linguaxe empregado
1 pto

Desenvolvemento da actividade:
 Actividade a realizar en dúas sesións de clase, novembro de 2015- Explicación da proposta aos alumnos e reparto de tarefas entre eles. 
Traballo de investigación previo na casa.
Día 23 de novembro de 2015- Realización do traballo na aula.


CINE E CIENCIAS SOCIAIS
Steamboy

Fotografía del blog http://cienciassocialesviator.blogspot.com/2011/05/la-revolucion-industrial.html



Aquí vos deixo un enlace sobre a revolución industrial, que espero que vos resolva algunhas dúbidas.

TITANIC





XOGO DIDÁCTICO DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

http://clio.rediris.es/actividades/trivial/ind_cues.htm



10/17/2015

San Pedro de Rochas

San Pedro de Rochas
Contesta no teu caderno:
1.       En que concello e Provincia está situado?
2.       Por que este mosteiro é único?
3.       A que estilo arquitectónico e a que orde relixiosa pertence?

4.       Realiza o tour fotográfico e di que características deste mosteiro te chaman máis a atención.

9/14/2015

Lucus Augusti

Cuestións para respostar no portafolio (podes utilizar o enlace picando en Lucus Augusti ou ben investigar noutras páxinas web). Non olvides adxuntar fotos ao teu traballo!

1. Quen fundou Lucus Augusti?
2. En que ano?
3. Por que se funda e sobre que se construe?
4. De que provincia romana foi capital Lucus Augusti?
5. Por que recibe o seu nome a cidade?
6. Que restos quedan da época romana na cidade? E nas aforas?
7. Que é o estrano santuario de Santa Eulalia de Bóveda?
8. Elabora unha ficha coas principais construcións conservados en Lucus Augusti: tipo de edificio, función, época de construción e descrición.


9/13/2015

O CASTRO DE VILADONGA

O Castro de Viladonga

Responde a estas cuestións no teu portafolio. Adxunta algunha foto.
1. Onde se localiza o Castro de Viladonga?
2. É un Castro costeiro ou de interior?
3. De que época é?
4. Coincide o seu esplendor coa Romanización?
5. Cales son as características da cultura castrexa?
6. De que vivían os habitantes dos castros?
7. A que chamamos cultura galaico-romana?

2/13/2015

O século XIX en España - Preguntas para preparar a proba en clase.

1. O reinado de Carlos IV está marcado cun feito que é...
2. Tiña relación o rei de Francia e Carlos IV de España?
3. Quen era ministro co reinado de Carlos IV?
4. Que aconteceu no "Tratado de Fontainebleau", que se acordou?
5. Cal era o propósito de Napoleón?
6. Que ocorreu no Motín de Aranjuez?
7. E nas abdicacións de Baiona?
8. Que aconteceu en maio de 1808?
9. Quen eran os Mamelucos?
10. Cádiz é a única ciudad que permanece en mans españolas?
11. Que é a guerra de querrilla?
12. Xose I rodease dalgúns políticos. Como se chaman?
13. En Cádiz os seguidores de Fernando VII aproban unha Constitución. Principais leis que recolle.
14. Porque Napoleón sae de España?
15. Canto dura o reinado de Fernando VII?
16. Que fai Fernando VII ao chegar ao poder?
17. Que ideoloxía ten a burguesía española? Porque?
18. Por que o exército deixa de apoiar a Fernando VII?
19. Que sucede en 1820 en Cabezas de San Juan?
20. Fernando VII voltase liberal?
21. Se acelera a independencia das colonias, que colonias quedan?
22. Que acontece en 1823?
23. En 1832 o rei Fernando VII volta ao absolutismo? Que medidas introduce?
24. Que é unha revolución realista?
25. Fernando VII suprime unha lei. Cal?
26. Que acontece coa morte de Fernando VII?
27. Quen goberna ata a maioría de idade de Isabel? Como o fai?
28. Quen son os xenerales que gañaron aos carlistas?
29. En que dous grupos se dividen os liberais?
30. A quen favorece a raíña?
31. Que fan os progresistas e demócratas no exilio?
32. Que sistema político se implanta?
33. Que acontece entón en Cuba?
34. Que 3 cultivos tiña Espña?
35. Eleccións en España 1868. Que se aproba?
36. Que Constitución se aproba?
37. Que rei busca o xeneral Prim?
38. Porque se vai o rei?
39. Abdica o rei e se proclama?
40. Que tipo de goberno plantexa a República?
41. Que é o cantonalismo?
42. Que acontece no goberno?
43. Wue esperan os españois de Afonso XII?
44. Que era o caciquismo?
45. Que era o pucheirazo?
46. Que movementos xorden?
47. Organízase o moevemento obreiro? Que partido se crea?
48. Que acontece en Cuba? En EEUU? Como remata todo?
49. Que significa o Rexeneracionismo?

2/01/2015

Tema 6 O medio físico de Europa, España e Galicia

O relevo europeo



Características:
É o 2º continente máis pequeño da terra (despois de Oceanía)

Predominantemente chan.





Tres grandes conxuntos:

Montañas, macizos e mesetas antigos
Montes Escandinavos
Montes Urais
Macizo Central francés
Macizo Galaico

Grandes Chairas
Gran Chaira Europea
Gran Chaira de Europa Oriental

Cordilleiras Alpinas (montañas máis recentes)
Pirineos
Alpes
Balcáns
Cárpatos
Cáucaso (volcán Elbrus 5.642 m)*






Costas recortadas
Fiordes na Costa Norueguesa
Penínsulas: Escandinava, Ibérica,Itálica, Balcánica, Xutlandia
Golfos: Botnia, Biscaia
Cabos: Norte,Fisterra
Estreito de Xibraltar
Canal da Manga
Illas:Islandia,Illas Británicas, Baleares,Córsega, Sardeña, Sicilia, Creta e Chipre




1/27/2015

A cidade medieval


Despois de ver o video e de consultar o teu libro contesta ás seguintes cuestións sobre as cidades medievais no teu caderno:

1. Que elemento arquitectónico servía para a defensa dunha cidade medieval?
2. Como era o trazado urbano?
3. Como se agrupaba a poboación nas cidades? Que criterio se seguía?
4. Que altura podían alcanzar as vivendas das áreas comerciais?
5. Cal era o lugar + importante dunha cidade medieval?
6. Como eran os edificios máis representativos e onde se situaban?
7. Cales eran os edificios máis representativos?
8. Como eran as rúas das cidades medievais?
9. Cales eran as actividades dirarias da poboación?
10. Describe a vivenda dun artesán.
11. Por que era perigoso que as casas estiveran moi xuntas?
12. Que solían ter tamén as casas nas cidades medievais?
13. Por que se di que o ambente das cidades era moi insán?
14. Cómo se chamaba o barrio dos xudeus? E os barrios da poboación islámica na Península Ibérica?