Seguidores

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

Curso 2014-15 ...Antes de comezar coas Ciencias Sociais

Dúas cousas moi importantes para facilitarvos o traballo no ámbito das Ciencias Sociais:

- Liña do tempo.

- Comentario de textos históricos.


Saber situarnos na historia, que estamos a estudar e por outra banda ser capaces de relacionar os contidos co noso pensamento o que incrementará a nosa capacidade crítica e de estudo, facilitándonos o relacionar unhas materias con outras.

VIAXA NO TEMPO

10/03/2011

Viriato e a Hispania romana

Pincha o seguinte enlace, escoita o documento e contesta ás preguntas.


http://www.ivoox.com/viriato-contra-roma-audios-mp3_rf_354516_1.html






  1. En que ano finaliza a 2ª guerra púnica?


  2. Como chamaban os gregos a Hispania?


  3. Que exércitos chegaron para loitar contra os cartaxineses?


  4. Como se chama actualmente Cartagonova?


  5. Cal era unha das tribus ibéricas máis potente?


  6. Onde vivían os lusitanos?


  7. A que tiñan que dedicarse os lusitanos para pasar mellor o inverno? Por que?


  8. En que século nace Viriato?


  9. En que lugar?


  10. En que ano comeza a revolta dos lusitanos? Eran moitos?


  11. Como se organizaban? Coñecían ben o terreno?


  12. Que promete o pretor Galba aos lusitanos?


  13. Que fai finalmente o pretor Galba? Quen pode escapar?


  14. A que se dedicaba Viriato antes de converterse en líder dos lusitanos?


  15. En que ano comeza o período de maior poder para Viriato?


  16. Os lusitanos son fáciles de apresar?


  17. Onde se produce a gran victoria para Viriato?


  18. Como enganan aos lexionarios romanos? Como os vencen?


  19. Cantas batallas gaña Viriato?


  20. En que ano cae Cartago en poder dos romanos? Quen o consegue?


  21. Que importancia ten este feito para as lexións romanas?


  22. Que cónsul consegue derrotar a Viriato?


  23. Que pobos se alían cos lusitanos para derrotar aos romanos?


  24. Cal é o símbolo para a Celtiberia? Cantos defensores tiña? Cantos anos resistiron?


  25. Que pasou durante a boda de Viriato?


  26. Como morren moitos dos homes de Viriato? Como se vingou Viriato?


  27. Que nomeamento recibe Viriato dos romanos?


  28. Baixo que cónsul cae Viriato?


  29. Cales foron as causas da morte de Viriato?


  30. En que ano aconteceu?