Cursos

10/03/2016

COÑECE MELLOR AOS POBOS PRERROMANOS

POBOS PRERROMANOS
Paso 1: Para empezar
O noso amigo Hipolitus vive en Complutum, onde vai á escola. Hoxe o profesor Gramaticus estalles explicando a historia de Hispania.
Hipolitus queda abraiado coas historias sobre tradicións, cultos e costumes de pobos coma os iberos, os vascóns e os celtiberos, que habitaron a península antes da chegada dos romanos no século III a. C. Está tan interesado que Gramaticus lle propón que escriba un papiro sobre estes pobos. Hipolitus está entusiasmado e pídeche axuda. Claro que queres colaborar!






Para preparar a redacción de Hipolitus, a clase dividirase en catro grupos; cada un estudará unha zona de pobos prerromanos: os colonizadores da zona do sueste, os pobos do norte, os situados no interior e oeste ou os pobos iberos do sueste peninsular.

Paso 2:  Busca a información
1.- Infórmate sobre os pobos que ocuparon o sueste peninsular antes da chegada dos romanos: gregos, fenicios e cartaxineses (navegantes e comerciantes) e que conviviron durante séculos cos iberos. 
- De onde viña cada pobo? Cando empezaron a chegar á península? Con que obxectivos?
- Que lles achegaron aos pobos que vivían na península?

2.- Explica como era a vida cotiá dos 
iberos. Comenta algún aspecto da súa relixión e tamén como construían as súas casas.

3.- Fai un resumo do xeito de vida dos 
galaicos, ástures, cántabros e vascóns.

4.- Descubre os costumes e a organización política e social dos pobos do interior e oeste peninsular (
celtiberos, lusitanos, vetóns). Sinala quen eran os celtiberos, que é Tartessos e a que se lle chama cultura dos castros.









Paso 3: Redacta o teu papiro

Papiro

 Con esta información, escribe a redacción de Hipolitus. Cada grupo debe falar da vida cotiá do pobo que escolleu, seguindo as pautas das preguntas do paso 2.












Avaliate
Para valorar a túa tarefa, sigue estes pasos:
1. Copia no teu caderno a folla de avaliación.

2. Valora do 1 ao 5 o nivel de dificultade que atopaches nos diferentes pasos. Ten en conta que o 1 non implica ningunha dificultade e o 5 implica moita dificultade.

3. Para rematar, valora o teu traballo do 1 ao 10.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Este correo se publicará en breve. Gracias por participar en nuestra página.